bdt Vigo
BdT Vigo
| Normativa |
| Boletíns |
| Ofertas e Demandas |
| Foro |
Acceso
Usuarios Online
Non hai usuarios conectados| Definición dun banco do tempo |
|
|
|
|
O Banco do Tempo (BdT) é unha iniciativa promovida por a Federación Veciñal Eduardo Chao que conta coa colaboración de Caixanova coa tarea principal de crear unha rede de intercambio de tempo e de servizos entre os cidadáns dunha mesma comunidade. Esta iniciativa pretende reforzar o sentimento de vecindade a par que permite crear una rede de autoaxuda entre as personas dos distintos barrios de Vigo. Son grupos de persoas motivadas para intercambiar tempo, dedicando un tempo a realizar actividades puntuais, que poden ser: decoración e bricolaje, formación, informática, tempo libre, etc... entre outras, fomentando que as persoas se coñezan e confíen nos demáis. Estas actividades están enfocadas para cubrir necesidades da vida diaria. A unidade de intercambio é a hora, independentemente do servizo que se realice ou intercambie. Todas as actividades teñen o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarde en realizar o servizo. Este banco rescata unha práctica ancestral que é coñecida por todos como axuda mutua e o que se pretende é, que desde a Federación, se lle dote dunha estructura e organización de referencia, que lle de forma e que posibilite, de forma práctica os intercambios reais de actividades, un lugar de encontro para a oferta e a demanda de tareas e actividades, un espazo donde dar a coñecer as ofertas e demandas de todos os socios. Video chileno no que se define banco de tempo
¿COMO SE PODE FORMAR PARTE DO BANCO DO TEMPO? Todas as persoas temos cousas para ofrecer e pedir. Calquera muller, home, maior ou xoven pode inscribirse no BdT, poñendose en contacto ca sede que se encontra en: FEDERACION VECIÑAL EDUARDO CHAO PLAZA DE LA PRINCESA, 7, 2º 36202 VIGO TFNO: 986 223 067 ¿COMO SE FAI O INTERCAMBIO? A unidade de intercambio no BdT é a hora, independentemente do servizo que se ofreza ou que se reciba. O tempo é a riqueza principal, e por tanto, a unidade de valor. Cada persoa que participa no Banco, dispón dun talonario, que utilizará en cada momento que use o seu tempo a favor de otra persoa, e informará mensualmente a persoa encargada do BdT, dos intercambios realizados. A secretaria do BdT é a persoa encargada de xestionar o BdT, de controlar os intercambios realizados, e de controlar os movimentos das contas de cada socio.
OBXETIVOS Tratase de fomentar na comunidade a cooperación entre mulleres e homes, entres as distintas persoas que forman parte dunha mesma comunidade, entre os grupos familiares, entre as persoas maiores e xóvenes, e favorecer a integración dos grupos, minorías, colectivos con dificultades de inserción na vida social. Obxetivos: ·Mellorar a calidade de vida dos ciudadáns, as relacións de vecindade e axudar a conciliar a vida persoal e laboral. ·Promover intercambios ca finalidade de fomentar valores de cooperación e comunicación, activando una rede de solidaridade na propia comunidade. ·Conseguir actitudes positivas entre as personas, aprendendo a dar e recibir. ·Posibilitar a creación dun marco de intercambio na comunidade. ALGUNHAS DAS VENTAXAS DE FORMAR PARTE DO BANCO DO TEMPO Entre os beneficios que se poden obter no BdT, destaca: ·Facilitar a integración dos sectores da sociedade que por algún motivo están apartados. ·Permitir o acceso o mercado laboral as persoas que están excluidas como os maiores, xóvenes, discapacitados... .A xente sentese máis partícipes na sua comunidade. ·É un medio de aforro, xa que permite aforrar diñeiro e resérvalo para actividades prioritarias ou urxentes. ·Permite que a xente intercambie valores sen intereses particulares. ·Aumenta a confianza entre as personas e a interdependencia mutua entre os membros. ·Os xóvenes, toman un contacto ca realidade económica. ·Os xubilados, discapacitados e desocupados dispoñen dunha oportunidade para aportar a sua comunidade as suas capacidades e aptitudes. ·Mellora a calidade de vida das persoas, xa que teñen acceso a bens e servizos feitos con dedicación. ·Esta comprobado que os intercambios estimulan a creatividade; a finais da idade media o diñeiro escaseaba. As persoas de esa época tiñan unha gran inventiva a hora de realizar intercambios. Este é o orixen do sistema económico actual. ·Promove a imaxinación. .Aumenta a autoestima. ¿QUÉ SE PODE INTERCAMBIAR? ·ATENCIÓN AS PERSOAS: acompañar a nenos/as o colexo, leer contos, xogar, coidado de persoas maiores e /ou enfermas, acompañar a persoas maiores o médico… ·COIDADO DO CORPO E DA SAUDE: dar masaxes, relaxación, automaquillaxe, ... ·TAREAS DOMÉSTICAS: facer a compra, cociñar, coser, facer pequeñas tareas e reparacións domésticas, bricolaxe, coidado de animais e plantas,... ·NFORMÁTICA: pasar traballos o ordenador, asesoramento informático,... ·IDIOMAS: clases, traduccions, conversación,... ·FORMACIÓN: apoio para realizar deberes, música, pintura, debuxo, ,... ·TEMPO LIBRE E OCIO: pesca, sendeirismo, salidas en bicicleta, cine, xogos de mesa,...
O BANCO DO TEMPO DA A Á Z A Apoio social a todos os membros que así o soliciten. B Banco con cheques, depósitos, contas persoais…. C Compañía e conversación son un dos servizos máis solicitados. D Dar tempo e predisposición para axudar. E Espazo de convivencia e entretemento. F Factor de conciliación entre traballo, familia e vida persoal. G Gran variedade de servizos e actividades a disposición dos membros do BdT. H Hora é a moeda de troque. I Intercambio é unha obrigación de todos os membros do Banco do Tempo. K Kilos de servizos e actividades a elexir por os socios. L Lazos de solidariedade e de convivencia. M Moeda utilizada non é de curso legal, máis non é por iso menos valiosa. Xa que o dicer o refrán: “o tempo é Ouro”. N Non se esixe experiencia profesional. O Oportunidade de coñecer a outras persoas. P Participación dos socios, o banco é o banco de todos os socios. Q Que facer é a mellor forma de axudar. R Reforzo das relacións entre persoas. S Servizos que promovan a solidariedade. T Troca tempo por tempo, todos os servizos teñen o mesmo valor. U Uso das potencialidades de cada un de nos en beneficio dos outros. V Valor das actividades é igual en tempo independientemente do servizo ofertado. X x tempo dedicas x tempo recibes. Z Zona de interacción entre as distintas persoas. |
| Seg. > |
|---|
Idiomas
Últimas novas
Destacamos
|
Dispoñemos de alumnos de teleco interesados en dar clases de informática a alumnos do Banco do Tempo. Dispoñemos de laboratorios todas as tardes a partir das 6 e os sábados todo o día. |





