Cambiar el tamaño del texto: Increase size Decrease size Revert styles to default

Acceso

Usuarios Online

Non hai usuarios conectados
Normativa PDF Imprimir Correo-e

Normas básicas de funcionamento

 

· As personas que se den de alta no Banco do Tempo, actuarán de boa fe.

· O Banco do Tempo é un proxecto que funciona sen ánimo de lucro e é un servizo gratuíto.

·  A moeda de cambio é a hora, con independencia do tipo de servizo que se demande ou se ofreza.

· Cada socio podrá ofrecer os servizos que considere sempre e cando teña a capacidade e os coñecementos necesarios para realizalos.O socio é o responsable da realización do intercambio.

· O socio ten un plazo de tres meses para intercambiar un mínimo de 10 horas.

· As persoas adscritas o Banco do Tempo serán titulares dunha conta corrente de tempo,  e dispoñerán dun talonario de tempo que se utiliza cada vez  que ofrezan horas do seu tempo a outra persoa.

· Soamente se poden realizar intercambios de tareas con persoas socias do Banco de Tempo. Calquera outro tipo de intercambio quedará fora do mesmo.

· Mensualmente envíaránse o Banco do Tempo os cheques usados informando, desta forma o Banco, do seu estado de contas.

·  Non se acumulará unha diferenza superior as 20 horas entre o tempo ofrecido e o recibido.

· Gardar confidencialidade dos datos, circunstancias e demáis características que concurran nas personas a quen se presten servizos do BANCO DO TEMPO e de os que se teña coñecementos a través do mesmo.

· Os titulares da conta no Banco do Tempo recibirán un Boletín de Ofertas e demandas con nome, teléfono de contacto e e-mail, así como as actualizacións de altas e baixas que se produzan.

·  Notificar a Secretaría do Banco do Tempo a decisión de causar baixa do mesmo.

· O Banco do Tempo organizará reunións para facilitar o intercambio.

· A responsabilidade nos intercambios que se leven a cabo é unicamente das persoas implicadas no mesmo. O BdT non se fai responsable dos posibles desperfectos ou lesións que se podan ocasionar nos intercambios.

· As persoas soci@s que se comprometan con outro soci@ a realizar unha actividade nun día e hora, se por calquera motivo, non acuden ou o que é máis importante, non avisan de que non van a acudir, vaiselles ter en conta esa hora de actividade como dada/recibida.

· No caso de conflicto entre as personas membros do BdT, habrá que poñelo en coñecemento da secretaría, comprometendose a aceptar a mediación do BdT. Neste caso, a secretaría, analizará o conflicto e recomendará unha solución.

· Os socios poden darse de baixa no BdT cando así o decidan, procurando que o balance da sua conta de horas este equilibrada.

· As persoas adscritas o BdT comprometense a aceptar e cumplir estas reglas.

 

Normas básicas de convivencia

Que facer:

 

·  Contacte co usuario por adiantado se non pode chegar a tempo a ofrecer o servizo.

· Sea paciente e aberto máis que crítico. Estamos para compartir e o feito de aprender a coñecernos xa é moito.

· Respete os demáis, xa sea por relixión, creenzas ou pertenza política.

· Se solicita un servizo asegúrese de pagar por todos os materiais, partes ou ingredintes necesarios.

· Os contactos entre as persoas, teñen que ter lugar no horario normalizado: a partir das 11 da mañá,  a  hora de comer, e por as tardes hasta as 21.00 horas.

 

Que non facer:

 

· Non fume no  lugar doutros usuarios sen o seu consentemento.

· Non divulgue datos sobre outros usuarios.

· Nunca acepte diñeiro nin propinas.

· Non use alcolhol nin drogas mentras ofrece os servizos. Este será motivo de expulsión.

· Non compre alcolhol nin tabaco os outros usuarios.

 

oFERTAS e DEmandas de servizos

 

REGRAS XERAIS PARA COMENZAR A USAR O SERVIZO:

  • A hora de ofrecer ou demandar un servizo é necesario dar toda a información posible do mesmo: duración, materiais, horarios, descripción da actividade que se presta ou solicita....
  • Asegúrese de que a outra persoa entende o que vai a facer antes de que empece a facelo.
 
< Ant.

Idiomas

Destacamos

Posta en funcionamento de catro novas secretarías ubicadas en Asociación Veciñal "A Paz", Asociación Veciñal "Fonte do Galo", Asociación Veciñal de Coruxo e Asociación Veciñal de Candeán.
 

BdT

logoBancosTempo.gif

Favec

logoFAVEC.gif

Patrocinador

xunta.jpg