|
Verán de saídas e excursións |
|
|
|
|
O programa de intercambio de tempo organizará visitas guiadas para os seus socios durante a temporada estival. A primera terá lugar o próximo mercores 30 de Xulio cunha visita guiada o mesmo Quiñones de León. Esta iniciativa nace como petición de varios socios interesados en realizar saidas para coñecer diferentes referentes culturais. Son unas excursións que tamén serven para que as persoas que forman o banco do tempo se coñezan, poñan en común as suas ofertas e demandas de tempo e pacten os seus novos intercambios. O Banco do Tempo ten programadas outras saidas durante os meses de Xulio, Agosto, Septembro e Outubro. Entre outros lugares están previstas visitas a Isla de San Simón, o monte Vixiador de Candeán, a exposición de pintura de Caixa Galicia e o Parlamento Galego. Basta con ser soci@ do Banco do Tempo para participar nestas saidas nas que os gastos de transporte abonaranse entre todos os socios participantes. As presoas interesadas poden informarse na secretaría do Banco do Tempo da Federación Vecinal "Eduardo Chao", na praza da Princesa nº 7, en horario de mañán de 9:30 a 13:00 ou chamar por teléfono o 986223067.
|